Metais refractarios

H   He
Li Be   B C N O F Ne
Na Mg   Al Si P S Cl Ar
K Ca Sc   Ti V Cr Mn Fe Co Ni Cu Zn Ga Ge As Se Br Kr
Rb Sr Y   Zr Nb Mo Tc Ru Rh Pd Ag Cd In Sn Sb Te I Xe
Cs Ba La * Hf Ta W Re Os Ir Pt Au Hg Tl Pb Bi Po At Rn
Fr Ra Ac ** Rf Db Sg Bh Hs Mt Ds Rg
  * Ce Pr Nd Pm Sm Eu Gd Tb Dy Ho Er Tm Yb Lu
  ** Th Pa U Np Pu Am Cm Bk Cf Es Fm Md No Lr
Metais refractarios Definición extensa de metais refractarios[1]

Os metais refractarios son unha clase de metais extraordinariamente resistentes á calor e ao desgaste. O termo úsase máis no contexto da ciencia dos materiais, a metalurxia e a enxeñaría. A definición de que elementos pertencen a este grupo pode variar. A definición máis común inclúe cinco elementos: dous do quinto período (niobio e molibdeno) e tres do sexto período (tántalo, volframio e renio). Todos comparten algunhas propiedades, incluíndo un punto de fusión superior a 2.000 °C e alta dureza a temperatura ambiente. Son quimicamente inertes e teñen unha densidade relativamente maior. Os seus altos puntos de fusión fan da metalurxia do po o método preferido para a fabricación de compoñentes a partir destes metais. Algunhas das súas aplicacións inclúen ferramentas para mecanizar metais a altas temperaturas, fíos de filamentos, moldes de fundición e recipientes de reacción química en ambientes corrosivos. En parte debido ao alto punto de fusión, os metais refractarios son estábeis contra a deformación por fluencia a temperaturas moi altas.

  1. "International Journal of Refractory Metals and Hard Materials". Elsevier. Consultado o 7 de febreiro de 2010. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search